VICVS

BETO LUACES


Beto Luaces

Beto Luaces naceu en 1969 en Montevideo (Uruguay). En 1978, os seus pais, emigrantes galegos, acordan regresar a Galicia e el vai con eles. No mes de maio, dese ano, pasa de vivir na capital charrúa a unha aldea da serra do Suído. O impacto é inevitable e en troques de afectalo, queda marabillado coa descuberta das xentes da serra e das súas tradicións.

Todo é novo e máxico. Mais a familia non demora en se instalar na cidade de Vigo, aínda que sempre que pode, regresa á aldea. A conexión co Suído consolídase na súa adolescencia e xa non hai quen a derrame. Logo, reside en Santiago de Compostela para cursar os estudos de Filoloxía Galega e Portuguesa. Sen embargo, non remata a carreira e acorda que a súa vida laboral discorra polos vieiros da Administración de Xustiza en Vigo, alí traballa como funcionario e reside na actualidade.