Bolanda, Ediciones y Marketing é unha empresa de edición, marketing, comunicación e publicidade situada en Santiago de Compostela. Desde o ano 2004 ofrecemos todo tipo de servizos destinados a mellorar a visibilidade dos nosos clientes e a facer máis doado o seu traballo diario.
Mimamos, vixiamos e coidamos todos e cada un dos elementos do noso traballo. Porque nos encanta o que facemos, e queremos que os nosos clientes queden tan satisfeitos coma nós mesmos, non deixamos nada ao azar.
O noso equipo de profesionais ten ampla experiencia en axencias de publicidade, departamentos de marketing, gabinetes de prensa e medios de comunicación, polo que podemos responder en tempo e forma a calquera proxecto que se nos presente.
Facemos realidade o posible… e tamén o imposible.