VICVS

BETO LUACES


Bases do sorteo

Obxecto:

Edicións Bolanda, S. L., editora da serie literaria VICVS, pon en marcha un concurso online. Poderán participar na promoción todas aquelas persoas maiores de 18 anos, con residencia en Galicia.

Duración:

A promoción desenvolverase do luns 1 de xullo de 2019 ao luns 30 de setembro de 2019, ambos inclusive, e resolverase por sorteo o día 1 de outubro de 2019. Por causas de forza maior, causa extraordinaria xustificada e razoable ou por imperativos legais, Edicións Bolanda, S.L. poderá decidir en calquera momento a interrupción e/ou finalización anticipada desta promoción.

Carácter gratuíto da promoción:

A PROMOCIÓN é gratuíta e non implica en si mesma un pago adicional algún pola obtención dos premios. Os custos das chamadas, mensaxes telefónicas, correo electrónico, fax ou calquera outra comunicación que deban realizar os participantes que se detallan no apartado de mecánica da promoción serán da súa conta.

Premio da promoción:

Na presente promoción sortéase un premio consistente nun cartón regalo de Paradores para trocar por unha estancia dunha noite en calquera Parador Nacional do territorio español, en réxime de aloxamento e almorzo.

Carácter gratuíto da promoción:

A PROMOCIÓN é gratuíta e non implica en si mesma un pago adicional algún pola obtención dos premios. Os custos das chamadas, mensaxes telefónicas, correo electrónico, fax ou calquera outra comunicación que deban realizar os participantes que se detallan no apartado de mecánica da promoción serán da súa conta.

- O cartón numerado, incluído na caixa regalo, debidamente validado, é o único elemento operativo da caixa regalo.

- Requírese reserva previa e no momento de realizala débese informar do número do cartón, nome da mesmo e caducidade.

- Deberá presentarse á chegada ao Parador.

- Nalgúns Paradores, e en tempadas de alta demanda, fins de semana e Semana Santa, redúcese a dispoñibilidade de habitacións para a utilización desta Caixa Regalo.

- Non é excluínte das condicións mínimas de réxime/estancia que poidan aplicar algúns establecementos.

- Non é acumulable a outras promocións ou ofertas en vigor. Paradores non se fai responsable dos cartóns substraídos ou extraviados.

A Caixa Regalo non será prorrogable, canxeable nin reembolsable. Estas condicións de aplicación están suxeitas a posibles modificacións sen previo aviso.

Forma de participación e mecánica da promoción:

Optarán ao premio da presente promoción todas aquelas persoas maiores de 18 anos, con residencia na comunidade autónoma de Galicia, que cubran o formulario da sección “sorteo” desta páxina web. As inscricións debidamente cumprimentadas serán numeradas por orde de recepción. Consideraranse como nulas, a efectos da súa participación no sorteo, aquelas inscricións que non faciliten a totalidade dos datos persoais requiridos. Os datos persoais facilitados deberán ser veraces; en caso de falsidade, erro ou inexactitude, os solicitantes consideraranse automaticamente non admitidos no sorteo.

Entrega do premio:

O día 1 Outubro de 2019 celebrarase o sorteo. Tras o sorteo contactarase co gañador/a para a aceptación do premio, vía telefónica ou por e-mail, que deberá facilitar á Compañía copia do seu D.N.I. e confirmar o seu domicilio actual, así como a aceptación do premio. En ningún caso poderá substituírse o premio polo seu valor económico, nin poderá cederse a outra persoa distinta da gañadora. Edicións Bolanda, S. L. resérvase o dereito de que o premio quede deserto, no caso de que nin os participantes agraciados nin ningún dos suplentes cumpran os requisitos citados nestas bases. O dereito ao premio caducará aos 10 días da data de celebración do sorteo, sempre que medie intento de entrega no domicilio indicado. O premio serán remitidos por correo certificado nun prazo de 30 días laborables. O nome do gañador publicarase na web obxecto do concurso.

Condicións e reservas:

EDICIÓNS BOLANDA, S.L. descartará aquelas participacións que sexan abusivas ou fraudulentas e non se fai responsable da veracidade dos datos facilitados polos participantes. Esta promoción organízase coa pretensión de incentivar e fomentar a participación de todos os lectores, premiando a fidelidade en condicións de igualdade e con estrito respecto ao principio xeral da Boa Fe. Por ese motivo, EDICIÓNS BOLANDA, S.L. excluirá automática e inmediatamente da mesma a calquera participante que incumpra as normas da boa fe, observe unha conduta mendaz ou inadecuada, empregue medios fraudulentos ou incumpra estas bases en calquera dos seus extremos, no caso de que as irregularidades, ou calquera outras, se detecten con posterioridade á entrega efectiva dalgún dos premios, EDICIÓNS BOLANDA, S.L. resérvase o dereito de exercitar as accións legais pertinentes contra o seu autor ou responsable, entre outras, as tendentes á devolución do premio. O premio da promoción non se poderá substituír por outro a petición do gañador, nin poderá ser trocado polo seu valor en metálico. EDICIÓNS BOLANDA, S.L. resérvase, en calquera caso, o dereito a cambiar os elementos da promoción por outro de igual ou superior valor cando concorra xusta causa, e ademais, tamén se reserva o dereito a anular, suspender ou modificar a promoción por EDICIÓNS BOLANDA, S.L., se por causas técnicas ou de calquera outra índole allea á vontade da mesma, esta non puidese cumprir co normal desenvolvemento da promoción, segundo o estipulado nas presentes bases. No non previsto nestas bases, que se interpretarán en conxunto, rexerá a normativa legal dispositiva que sexa de aplicación, integrándose os baleiros ou dúbidas conforme á boa fe, usos comerciais e técnicos que resulten adecuados, e principios xerais do Dereito.

Tratamento de datos persoais:

Os datos de carácter persoal que faciliten os participantes nesta promoción serán tratados dando estrito cumprimento ao establecido na Lei Orgánica, 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, e no Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento daquela. A persoa participante coñece e consente que os seus datos persoais sexan incluídos nun Ficheiro titularidade de EDICIÓNS BOLANDA, S.L., con domicilio en Rúa Preguntoiro, 36 - 1º, 15704, Santiago de Compostela B15969066, quen usará e tratará os mesmos sen que xere ningún tipo de remuneración, conforme ao previsto na lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, coa finalidade de enviar información por calquera medio (correo electrónico, sms…) acerca da presente ou ulteriores accións promocionais, e de calquera dos produtos e marcas distribuídos por EDICIÓNS BOLANDA, S.L. Non obstante este dereito poderá ser revogado no momento en que o participante estime oportuno. EDICIÓNS BOLANDA, S.L. garante os seus dereitos de acceso, cancelación, oposición e rectificación. Para exercer os mesmos, o participante terá que dirixirse á Rúa Preguntoiro, 36 - 1º, 15704, Santiago de Compostela, identificándose de forma fiable, para verificar a súa identidade e non pór en risco a súa privacidade e confidencialidade. O participante consente que os datos incluídos na inscrición poidan ser cedidos a EDICIÓNS BOLANDA, S.L. Fóra destes supostos, os seus datos non serán cedidos a ningún terceiro; esta información soamente será tratada polas sociedades de EDICIÓNS BOLANDA, S.L. para atender a súa consulta e para a prospección e publicidade dos seus servizos. No entanto, en calquera momento pode revogar este consentimento.

Aceptación das bases:

A remisión da solicitude de participación na promoción implica a aceptación das presentes bases polos interesados.

Litixios:

A lexislación aplicable ás presentes bases é a española. Os participantes, con renuncia expresa de calquera outro Foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela. Aos efectos de calquera notificación ou requirimento que resulte necesario efectuar por calquera causa relacionada ou derivada do presente sorteo, entenderase designado como domicilio dos mesmos os que consten apuntados na comunicación da participación na presente promoción.