A libraría Couceiro de Santiago acolle este mércores, día 5, ás 19:30 h, a presentación da novela A muller do muro do escritor e xornalista Manuel F. Rodríguez. O autor estará acompañado polo escritor Suso de Toro e o editor Antonio Couto.
A trama da novela A muller do muro combina a cultura galega do alén coas máis recentes teorías e investigacións científicas e paracientíficas sobre determinados fenómenos inexplicables. Como o seu autor avanza, trátase dunha obra de acción á caza do máis absoluto dos misterios: o da morte e o máis alá dela. A muller do muro sae á rúa cun innovador deseño de Sebas Pazos que inclúe, entre outras solucións de esmerada calidade, unha tipografía especificamente galega creada por Marcos Dopico.
A novela será presentada este mércores na libraría Couceiro de Santiago, onde o autor estará acompañado polo escritor compostelán Manuel F. Rodríguez e o editor Antonio Couto.