Se queres mostrar o teu traballo, os teus productos, a túa empresa...creamos o escaparate perfecto. O noso equipo de marketing, no que traballan conxuntamente os departamentos de publicidade, comunicación e deseño, permítenos ofrecer solucións integrais. Desenvolvemos calquera proxecto de forma global, desde a idea inicial ata o seguemento no tempo, para acadar os mellores resultados. E sempre de forma orixinal e única.
Encargámonos de todas as fases do proxecto, desde a idea inicial ata a xestión posterior, asesorándote en todo momento das opcións que mellor se adaptan á túa idea. E non quedamos satisfeitos ata estar seguros de que fixemos realidade a túa idea ou proxecto.
Planificamos e desenvolvemos campañas creativas adaptadas ás necesidades de cada cliente. Ofrecemos un equipo creativo de primeiro nivel con grande experiencia en todo tipo de campañas publicitarias, e en todo tipo de medios e soportes.
Como axencia de comunicación e relacións públicas, creamos, posicionamos e difundimos proxectos e eventos de maneira creativa. Este departamento, en coordinación directa cos de publicidade e marketing, logra situar o teu proxecto no mundo, mellorar a súa reputación corporativa e captar a atención de clientes e usuarios, traballando tanto no contorno online como en soportes tradicionais con gran solvencia e unha importante carteira de medios.
Se hai un elemento clave na comunicación actual é a imaxe, por iso en Bolanda coidamos especialmente todo o relacionado co deseño gráfico e web. Temos un departamento de profesionais con grande experiencia tanto en ilustración como en imaxe de marca e recursos creativos. Coidamos especialmente o produto final, sexa un libro, un logo, unha web, unha campaña publicitaria ou un obxecto físico.