Estrea da nova serie documental "A grande epopea de Galicia"

18 · xaneiro · 2024

A nova plataforma da Televisión de Galicia, agalega.gal, estrea a primeira tempada da serie documental producida por Bolanda sobre a epopea da emigraciión galega a América. 




Xa poden verse os primeiros capítulos deste fermoso proxecto que levamos a cabo nos últimos meses e que descobre o enorme legado que deixou a emigración galega a América, aínda hoxe ben visible a ambos os dous lados do Atlántico.

Durante algo máis dun século, miles de galegos e galegas cruzaron o océano buscando unha vida mellor. Non todos o lograron, pero todos, cos seus éxitos e os seus fracasos, forman parte da grande epopea de Galicia, cuxa memoria queremos honrar con esta serie documental. A través de historias individuais, a serie trata de compoñer un quebracabezas global sobre a emigración galega a América. Para iso conta coa colaboración de destacados expertos e académicos, pero tamén de emigrantes e descendentes que conservan o excepcional legado que a emigración galega deixou por todo o continente americano.

A serie vai xa pola súa segunda tempada, pero polo momento está dispoñible xa a primeira, composta por 8 capítulos que nos levan até Cuba, Panamá e O Brasil:  agalega.gal/videos/category/14225-a-grande-epopea-de-galicia.