Beto Luaces - https://bolanda.es/vicvs/
A segunda entrega da serie de novela negra que asina Beto Luaces centra a trama no mundo da conserva viguesa. O asasinato dun dos últimos representantes da “estirpe empresarial máis grande de Vigo” escabechado na súa propia fábrica leva á viúva a contratar ao detective Manuel Peixoto para descubrir que pasou. Polo camiño, descubrirá a historia da actual cidade de Vigo ligada inexorablemente ao mundo da conserva.
O ex-policía expulsado do corpo tras os sucesos da primeira novela é agora o protagonista mentres o arquitecto Senén Barreiro pasa a un segundo plano. Quen segue moi presente de novo é a poderosa e enigmática serra do Suído.
Beto Luaces
978-84-17702-63-2
373 páxinas
Galego
17 cm x 25 cm
Rústica