Poder e política na Galiza Vilega

Xosé Ramón Veiga Alonso

Sinopse

Entre 1790 e 1833 vívense tempos convulsos, cun mundo antigorreximental decadente mais con forzas dabondo para resistir, e unha alternativa liberal e constitucional aínda en cueiros que turra por ocupar o espazo político. Neste libro repásase a concreción desta liorta a partires, no fundamental, da análise en clave política e de poder de varias vilas situadas nas, daquela, provincias de Lugo e Mondoñedo.