Elías Valiña, Il paladino del cammino (1959-1989)

Luis Celeiro

Sinopse

Este título supón a terceira edición da obra do xornalista e escritor Luis Celeiro publicada por primeira vez en 2007 para pór en valor o labor do gran revitalizador do Camiño, Elías Valiña. A tradución ao italiano fíxose a través dun proxecto didáctico no que participaron doce estudantes do grao Traduzione Specialistica dei Testi baixo a dirección da profesora da Universidade de Cagliari Daniela Zizi, en colaboración co profesor da USC Francisc Buono. Un traballo que servirá para universalizar a figura de Elías Valiña e do Camiño de Santiago na súa dimensión máis ligada á investigación.