El rincón de la demencia

Alfredo Robles Bayón

Sinopse

Máis de 50.000 galegos sofren algún tipo de demencia e moitos máis conviven con esta enfermidade que pode afectar a calquera persoa e que ten un altísimo custo social, psicolóxico e económico. Para afondar no seu coñecemento o Dr. Alfredo Robles publicou unha serie de 41 artigos en prensa nos que abordou de forma divulgativa, amena e sumamente interesante, diversos aspectos da demencia, presentando contidos comprensibles e útiles tanto a quen se enfronta a ela como á sociedade en xeral.