12. O corpo fala

Sinopse


O corpo fala

Este libro amósanos como falamos co corpo, porque non só o facemos coa boca. As mans son moi faladoras, poden falar mesmo debaixo da auga. A cara tamén fala o seu, abrindo os ollos, revirando a boca, mostrando os dentes... Os cans, como non saben falar, falan moi ben co corpo para dicir "dáme algo", "estou nervioso" ou "teño medo", ademais de “Baubau”, claro.


Datos do libro


Autor: Pepe Carreiro

ISBN: 978-84-617-0263-3

Colección: Biblioteca básica

Idioma: Galego

Nº volume: 12

tenda online