Presentación do libro "Pandemias. Las epidemias que asolaron la humanidad"

14 · xullo · 2021

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel A. Santalices, acompañará o Prof. Juan Gestal na presentación do seu último libro, que terá lugar este xoves 15 de xullo ás 19.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca de Santiago de Compostela.




O Prof. Juan Gestal presenta este xoves ás 19.30 h no Salón Nobre de Fonseca o seu último libro, Pandemias. Las epidemias que asolaron la humanidad (Editorial Bolanda, 2021). O autor estará acompañado no acto do editor Antonio Couto, do Dr. Tomás Camacho, especialista en Análises Clínicas e Toxicoloxía e do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel A. Santalices

O libro del Prof. Juan Gestal relata, a longo de 600 páxinas, como se desenvolveron e afrontaron as grandes epidemias que sufriu a humanidade, desde a peste de Justiniano ata a COVID-19 que deixou “o mundo en shock”, sen esquecer o reto que supoñen as epidemias e pandemias na era global. O autor é un dos maiores expertos en Saúde Pública do país e tivo unha gran relevancia na divulgación científica que os medios de comunicación fixeron durante los últimos meses debido á situación provocada polo SARS-CoV-2 en todo o planeta.

Á presentación acudirán case un centenar de persoas que confirmaron a súa presenza, limitada polas medidas de seguridade impostas pola crise sanitaria.