Comezamos novo curso… de contacontos!

19 · setembro · 2018

María José Gulín, autora infantil con numerosos títulos publicados, inicia unha nova xira de contacontos baseados nos seus libros. A primeira cita será este sábado, 22 de setembro na libraría Cronopios de Santiago.

O zapateiro e o raposo é o título da historia que este sábado ás 12:00 h contará a súa autora, María José Gulín, en Cronopios. Toda a cativada interesada en escoitar a nova historia do pequeno Xermán e os seus simpáticos amigos só ten que acudir á libraría compostelá. Mais quen non poida este sábado, terá ocasión de volver a escoitar o contacontos o próximo día 6 de outubro na libraría Couceiro, neste caso ás 12:30 h.




O xoves 18 de outubro, ás 18:30 h, a autora visitará o Centro Sociocultural de Fontiñas para presentar O zapateiro no bosque, título que tamén centrará o contacontos do día 20 de outubro na libraría San Pablo, situada na zona vella compostelá. Neste caso a sesión será ás 18:00 horas.

Ademais o día 27 de setembro Gulín estará no colexio Curros Enríquez de Ourense tamén coa historia d´O zapateiro no bosquecoa que abriu a colección “O zapateiro”.