Estamos na Feira Liber

06 · outubro · 2017

Edicións Bolanda, xunto con outras 14 empresas galegas, participa estes días en Liber 2017, a Feira Internacional do Libro que celebra o seu 35 aniversario en Madrid.  

O sector editorial galego participa estes días na feira internacional do libro LIBER 2017 en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitou o stand no que as empresas galegas que asisten ao encontro están a realizar reunións comerciais na procura de novas oportunidades de negocio.

Ademais, o stand de Galicia exhibe a produción editorial dun total de 15 empresas galegas. Ademais de Edicións Bolanda, están presentes na feira Editorial Galaxia, Hércules de Ediciones, Edicións Laiovento, Baía, KNS Edicións, Alvarellos Editora, Editorial Colex, Edicións Xerais de Galicia, MC Sports, Bululú, Catro Ventos, Kalandraka Editora, Nova Galicia Edicións e Edicións do Cumio/Arnoia Distribución.