Sinopsis
Carlos Casares
Sonia disfrázase de Carlos Casares para contar o seu conto preferido do escritor ourensán: A rapaza do circo, que sae no libro Vento ferido. É unha historia de amor moi bonita entre un neno galego e unha rapaza francesa trapecista que chega á vila co circo. Pero o final é un pouco triste… así que Sonia cambia de disfrace e pon o de xefa de estación, porque a Casares gustábanlle moito os trens…
Menu
Volver