O Zapateiro visita Ourense este verán da man de María José Gulín

18 · xullo · 2019

María José Gulín visitará este mes de agosto varias vilas ourensás co contacontos do seu libro O zapateiro no bosqueAquí tes as datas e localidades!

Un día de verán Xermán atópase cun coello que lle pide un estraño encargo: facer zapatos para todos os habitantes do bosque. Este será o inicio dunha grande amizade entre o neno e os animais que viven alí, unha historia que este verán chegará á cativada ourensá en forma de contacontos.




A autora da historia, María José Gulín, visitará varias localidades da provincia no mes de agosto con este título da serie O Zapateiro, que conta tamén con outro libro: O zapateiro e o raposo. Gulín é ademais autora d´Unha historia nas nubes, narracións coas que percorreu xa ducias de vilas e centros educativos de toda Galicia.

DATAS:

Baños de Molgas

5 de agosto - luns

Lugar: Parque Ansuiña

Hora: 20:30

 

Vilar de Barrio

10 de agosto - sábado

Lugar: Salón de actos das escolas vellas.

Hora: 20:00

 

Verín

11 de agosto - domingo

Lugar: Bibliopiscina

Hora: 18:00

 

Allariz

14 de agosto - mércores

Programa: Concilia verán

Hora: 10:30