Campaña de promoción de VICVS

18 · xullo · 2019

Para agradecer a grande acollida da serie de novela negra creada por Beto Luaces, este verán sorteamos unha noite nun Parador Nacional de Turismo!

Ata o 31 de agosto podedes participar no sorteo para gañar unha noite nun Parador Nacional de Turismo en réxime de aloxamento e almorzo. Só hai que cubrir o formulario da web bolanda.es/vicvs e contestar tres sinxelas preguntas sobre hábitos de lectura que nos axudarán a coñecer mellor as preferencias dos nosos lectores e lectoras.




A campaña conta con material de promoción que xa se pode ver nalgunhas librarías galegas, especialmente en Vigo, onde a serie creada por Beto Luaces foi a revelación editorial do pasado ano. O primeiro título,VICVS Un lugar do común esgotou a primeira edición, pero xa está dispoñible a segunda edición xunto ao segundo libro da serie, VICVS Un lugar aqueladopresentado o pasado venres nun dos escenarios da novela, o Museo Anfaco da Industria Conserveira de Vigo.

Dúas excelentes propostas para este verán!