Bolanda mostra as súas novidades na Feira do Libro de Guadalajara

29 · novembro · 2016

Dende o pasado sábado e ata o 4 de decembro ten lugar na cidade mexicana de Guadalajara un dos festivais literarios máis importantes do mundo, no que Bolanda está presente no stand da Xunta de Galicia. 

Máis de 650 escritores e uns 800.000 visitantes son as cifras que manexa a organización da Feira Internacional do Libro de Guadalajara que empezou o pasado sábado na cidade mexicana. No evento, que cumpre 30 anos, ten un especial protagonismo Latinoamérica, con varias homenaxes ao Nobel Mario Vargas Llosa, coincidindo co seu 80 cumpreanos.

Mais non faltan á cita autores e editoras galegas, que están presentes na FIL de Guadalajara da man da Xunta de Galicia, que ten instalado un stand propio onde mostra as novidades do sector nesta comunidade. Nese catálogo está presente Bolanda Ediciones y Marketing con algunhas das últimas obras publicadas.