Finalistas en tres categorías aos I Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia

04 · novembro · 2016

Esta noite coñeceranse os gañadores dos I Premios de Comunicación e Marketing de Galicia creados polo Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia, unha convocatoria que pretende pór en valor a calidade e o excelente traballo que se fai en Galicia. 

 

O obxectivo destes Premios é realzar a función da publicidade, o deseño, a edición, a impresión, o marketing e a comunicación nas empresas e nas institucións galegas, e como medio para conseguir aumentar a competitividade e a capacidade innovadora; premios desde o sector, para o sector.

Entre os finalistas está Bolanda Ediciones y Marketing en tres categorías: no apartado editorial competimos polo premio ao mellor editor –xunto a Teófilo Editores e Nova Galicia Edicións–, e polo de mellor libro (contido) con Contos vellos para rapaces novosAdemais, esta publicación é tamén finalista na categoría de mellor libro editado no apartado “Artes gráficas” xunto a outro do mesmo autor, Neira Vilas, editado por nós: Semente galega en América.