Estamos na Feira do Libro de Fráncfurt

20 · outubro · 2016

Bolanda participa desde onte Feira Internacional do Libro de Fráncfurt, o maior encontro comercial para os axentes do sector. 

A cidade alemá de Fráncfurt acolle desde onte, e ata o próximo domingo, a súa Feira Internacional do Libro, o maior encontro internacional de carácter comercial do sector. E Bolanda Ediciones y Marketing está presente, xunto con outras dez empresas galegas, no stand institucional da Xunta de Galicia, no que, en coordinación coa Asociación Galega de Editores (AGE), trátase de darlle dará visibilidade a unha mostra da produción galega máis recente. O expositor de Galicia facilitará os intercambios comerciais e será tamén un punto de atención ao público e de difusión de materiais de promoción do libro galego.