ACTUALIDADE

Contacontos este sábado en Cronopios

05 · outubro · 2016

Este sábado, 8 de outubro, María José Gulín volverá á libraría Cronopios de Santiago para presentar o seu terceiro libro, O zapateiro e o raposo, publicado por Bolanda, Ediciones y Marketing. 

 

Este sábado, 8 de outubro, ás 12:00 h, a libraría Cronopios de Santiago (r/Alfredo Brañas)  acollerá un contacontos do libro O zapateiro e o raposo a cargo da súa autora, María José Gulín. 

Contacontos este sábado en Cronopios
Edición

Como xa fixera cos dous anteriores, a autora narrará as novas aventuras do pequeno Xermán e os seus amigos do bosque, nesta ocasión preocupados por un misterioso raposo que ten moi enfadados aos veciños de Aloia e Carballeda, as aldeas onde acontecen as historias da colección “O zapateiro”.

O contacontos repetirase o sábado seguinte, 15 de outubro, ás 12:30 h na libraría Couceiro, situada na praza de Cervantes. As dúas sesións son de acceso libre e totalmente gratuítas. 

GALERÍA