ONCOLOGÍA INTEGRATIVA (II)

Sinopse


Oncología Integrativa (ii)

Os avances logrados nos últimos anos no campo da oncoloxía integran, ademais da oncoloxía convencional, terapias complementarias que demostraron a súa eficacia á hora de mellorar a calidade de vida do paciente durante e despois do tratamento. Por iso se define a Oncoloxía Integrativa como aquela que “integra outras miradas no proceso de atención a pacientes oncolóxicos”. Miradas que se dirixen a ámbitos como a alimentación, o exercicio, a balneoterapia ou a atención psicolóxica, co fin de ofrecer esa atención individualizada capaz de responder as necesidades de cada paciente. Todo isto analizouse nuns relatorios presentados no Curso de Verán da USC que se recollen neste libro coa intención de difundir aquelas prácticas alternativas con maior rigor científico e que demostraron a súa eficacia á hora de ofrecer un tratamento máis completo e integral ao paciente con cancro.

Datos do libro


Autor: Varios autores

Xénero: Ensaio

ISBN: 978-84-617-9957-2

Nº páxinas: 288

Dimensións: 14x21 cm

Encuadernación: Rústica

Idioma: Castelán