MEMORIA GRÁFICA

Sinopse


Memoria gráfica

Este é un libro singular. Un autor galego de incuestionable prestixio coma Xosé Neira Vilas, tráenos aquí unha memoria en imaxes da súa traxectoria, que inclúe o seu longo periplo americano, no que lle cadrou participar en acontecementos que xa son historia. Máis dun cento de fotografías ilustran a súa dinámica andaina, movido sempre por un teimoso afán de coñecemento do mundo e da sociedade da que forma parte, e tendo a Galicia como eixo esencial das súas inquedanzas.

Datos do libro


Autor: Xosé Neira Vilas

Xénero: Narrativa

ISBN: 978-84-616-6864-9

Nº páxinas: 192

Dimensións: 17x24 cm

Encuadernación: Rústica

Idioma: Galego