HOJAS PARA EL RECUERDO

Sinopse


Hojas para el recuerdo

Editado por Bolanda para a Cátedra de Hidrología Médica USC-Balnearios de Galicia, este libro recompila artigos publicados entre 1947 e 2016 sobre a vida e obra do Dr. Roberto Nóvoa Santos, con motivo do primeiro centenario da publicación do seu prestixioso Manual de Patoloxía Xeral. Coordinado polo doutor Fernando Ponte Hernando, médico e profesor de Historia da Ciencia na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, e prologado polo R. Juan Gestal, decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, o libro compila achegas tan significativas como as de García Sabell, Marañón, Laín, Carro Otero, Varela Jácome, os irmáns Jaso, Veiga Díaz, Olga Nóvoa-Santos –filla do profesor Nóvoa– e moitos outros discípulos, amigos e estudosos da figura do profesor Nóvoa Santos (A Coruña, 1885 – Santiago, 1933).

Datos do libro


Autor/es: Fernando J. Ponte Hernando · Luis Posse Vidal

Xénero: Ensaio

ISBN: 978-84-617-6665-9

Nº páxinas: 192

Dimensións: 17x24 cm

Encuadernación: Rústica

Idioma: Castelán