AS ESTRELAS MÁIS ESTRELAS DE TODAS AS ESTRELAS

Sinopse


As estrelas máis estrelas de todas as estrelas

As estrelas máis estrelas de todas as estrelas é un libro escrito e ilustrado polos alumnos e alumnas do IES Carlos Casares de Vigo en lembranza do autor, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Na obra, “os personaxes de Casares convértense en estrelas que brillan con luz propia na Galaxia Casares”, explican os autores, que se inspiraron na obra do homenaxeado. Desde o título, versión dunha das creacións máis coñecidas de Casares, ata a historia, pola que van pasando personaxes, situacións e referencias moi vinculadas á súa bibliografía, desde A galiña azul, Vento Ferido, Ilustrísima ou O sol do verán ata a serie de Toribio, entre outros.

Datos do libro


Autor: IES Carlos Casares

ISBN: 978-84-617-9640-3

Nº páxinas: 36

Dimensións: 20.5x20.5 cm

Encuadernación: Tapa dura

Idioma: Galego