El Camino de Santiago. Cultura y pensamiento

Sinopse


El Camino de Santiago. Cultura y pensamiento

Afonda nas raíces do Camiño de Santiago; as súas orixes, anteriores mesmo ao suposto achado do corpo do Apóstolo Santiago en Compostela. A obra do historiador Francisco Singul percorre, en dez capítulos, aspectos do Camiño de Santiago que van desde as orixes do culto ao Apóstolo Santiago no século VIII ao inicio das peregrinacións no IX, a construción da catedral e o desenvolvemento urbano de Compostela en torno a ela. Por suposto, aparece a consolidación do Camiño de Santiago como ruta de peregrinación na Idade Media, a importancia da hospitalidade que se xera e a rede de albergues. Os tres últimos capítulos dedícaos Singul á catedral compostelá, ao pórtico da Gloria e á imaxe do Apóstolo.

Datos do libro


Autor: Francisco Singul

Xénero: Ensaio

ISBN: 978-84-613-5215-91

Nº páxinas: 280

Dimensións: 17x24 cm

Encuadernación: Rústica

Idioma: Castelán