OS BOLECHAS

Os Bolechas


Os bolechas e pepe carreiro

Os Bolechas son a maior revelación editorial de Galicia. Desde a publicación do primeiro libro no ano 2000, xa van preto de 600 títulos enmarcados en diversas coleccións e case dous millóns de exemplares distribuídos. Convertidos nun fenómeno cultural, deron o salto a múltiples formatos acadando un éxito sen precedentes. O seu creador é o escritor e ilustrador Pepe Carreiro quen segue á fronte de todas as historias que vive esta popular familia conformada por seis irmáns (Carlos, as xemelgas Loli e Pili, Braulio, Sonia e o pequeno Tatá) xunto co seu incondicional can, Chispa.